Opinións

De seguido publico as opinións de lectoras e lectores que vou localizando en diferentes medios. Se queres incluír a túa aquí, non dubides en comunicarmo a magago@gmail.com.

Todo o que fai Manuel é unha preciada xoia para os que amamos a cultura galega, e a súa primeira novela é unha nova confirmación da súa enorme capacidade para engaiolarnos coa infinita riqueza do noso patrimonio material e sentimental.
Ao seu enorme coñecemento da nosa identidade súmase na novela a súa mestría como narrador, construíndo unha historia monumental a partir dun conxunto de enfeitizantes tramas, perfectamente ensambladas, que te enganchan desde a primeira a derradeira liña. Lin as súas 500 páxinas en pouco máis dunha semana, e máis que tivera, aprendendo e divertíndome en todos os seus capítulos grazas non só a forza do que nos conta, senón tamén á idoneidade da linguaxe e o ritmo. En definitiva, unha novela máis que recomendable para calquera lector ou lectora, que nos ofrece múltiples gratificacións, e que ben podería ser levada ás pantallas.
A todos os membros do club nos encantou a novela (só houbo unha moi leve crítica pola portada).

Eladio Anxo Fernández Manso en Facebook (Clube de lectura Pontepedriña)

Papei as case 500 páxinas en menos dunha semana, é deses libros que non podes parar de ler porque desde a primeira páxina estás enganchado. Había tempo que non sentía ese baleiro estraño cando rematas unha lectura porque eu non quería que acabase nunca. Nel, o mundo, a persoa e os escenarios dos meus amores; acción, intriga e trama moi currada. Adorei, así que, recomendadísimo.

Erzsébet Báthory (Facebook)

Se aínda non leu vostede esta novela, corra á librería para facerlle os honores. Novela torrencial, polisémica, poliédrica, ciclópea. Xigantesca quero dicir e digo.
Novela de longo alento que en ningún momento perde a intensidade coa que comeza. O argumento, simple pero o suficientemente atractivo para chamar a atención desde o primeiro momento.
Uns veciños da Costa da Morte queren recuperar a figura da súa santa. E aí se inicia este fascinante relato que eleva a cultura galega, que se mergulla nela para crecer e facérmonos crecer. Grazas ao autor. Unha novela indispensable.

Xosé Carlos Caneiro. La Voz de Galicia.

Xa rematado ‘O anxo negro’, unha lectura apaixoante e altamente recomendable. Parabéns, @magago: dicir que me encantou quédase curto!

Isa Gómez en Twitter

“O Anxo Negro” de @magago atrápache dende as primeiras liñas. Historia moi boa! Outro libro moi recomendábel. Cos de Cereiro non se xoga!

Javi Goya en Twitter

Magnífica novela!! Unha novela “chea”!!
Chea de sensibilidade, donde o voar do maxín enche a realidade! Tí, Gago, coma ninguén, as nosas contornas naturais e culturais, da Terra galega, a traveso do teu “Anxo” fuches quen de amosares! Parabéns, Gago, por guiarnos no percorrer deses marabillosos lares.

Edycarregal en Capítulo Cero

Parabéns pola novela. Comenzou a modiño, presentando ós personaxes, a situación, adíante e atrás no tempo, e cando me quixen dar conta xa non podía para de ler. Unha boa historia, pedazos de vida entrelazados e un final que me emocionou moito. Botarei de menos a esa xente de Cereiro 😉

S. Lorenzo (blog)

A lectura da obra é o camiño que o lector debe percorrer e o pracer está precisamente en percorrelo. A intriga argumental está ben construida, como se dun labirinto dos nosos petroglifos se tratase, dun fino encaixe de Camariñas ou dunha especie de eterno lazo celta con escenas aparentemente moi diferentes en tempo e espazo, que se van entrecruzando ata que rematan por encaixar. Todo ten sentido: desde a historia pequena dunha aldea que sufre o roubo da súa santiña, ata a gran Historia.

O Atlántico úneo todo nesta especie de caldo galego ben feito con tódolos ingredientes precisos: o fondo dunha paisaxe marítima e dunha vella cultura, a avaricia, a traxedia, a resistencia e tamén o amor que traspasa os séculos e permanece manifestado nunha máxica escultura de pedra que representa á ancestral deusa nai: unha Santa Mariña. É unha novela coral, certamente. O protagonismo máis que duns persoaxes moi concretos, que tamén os hai, é dun pobo, do pobo que defende e ama Manolo Gago. Por debaixo de todo, e aínda que a novela é iso, unha novela, chea de intriga e misterio que te engancha e te leva, está a teima obsesiva de Manolo na defensa en sentido moi amplo do patrimonio, tanto material como inmaterial. Trata con agarimo a devoción popular, porque a entende, e aplica gran cantidade de matices á paisaxe humana. (…) O tempo será xuíz, pero creo que estamos diante dunha gran obra literaria que quedará así refrexada na Historia da Literatura Galega dos anos que virán. Léndoa sentín o eco dos grandes autores clásicos. E paréceme que de cara ó futuro, Manolo Gago ten o perfil perfecto para facer esa gran novela de Galicia que todos esperamos hai tempo, que nos fale de mitos, de sagas, de emigración, de fracasos e de éxitos, desa Galicia universal que soamente unha persoa que a coñece ben como el pode enfrontar, unha Galicia de tebras e de luz, de noites da Santa Compaña e de camiños de peregrinación ó fin do mundo que levan ó coñecemento luminoso e ó futuro certo dun pobo milenario que deu vida a moitos outros do mundo, especialmente do Atlántico.

Porque Galicia hoxe está orfa dun gran relato asumido por todos e ese relato, necesariamente encadeado ó noso océano, pode ter referencias en traballos de arqueólogos e de historiadores, pero soamente nos chegará de verdade da man da literatura: un relato que precisamos como o pan e sen o cal non poderemos construir o noso país, porque nos faltará a masa espiritual que faga que nos unamos e nos identifiquemos con nós mesmos.
[Descarga a presentación completa en pdf]

Alfredo Eiras. Presentación de O Anxo Negro en Betanzos.

Despois de ler a novela, só podo agradecer os bos momentos que pasei coa historia de Cereiro. Unha obra que recolle o mellor da tradición oral galega cun espírito de aventura e misterio que ten o sabor dos clásicos do xénero. Verne, Doyle ou Ánxel Fole parecen charlar nunha cantina mariñeira mentres as ondas non deixan de bater no porto. Os temas para traballar cos rapaces son múltiples: espolio do patrimonio, guerra civil, importancia da historia local, piratas, historia medieval, mundo rural, protestantismo vs catolicismo, oralidade, supersticións… Non teño dúbidas que escolleremos o teu texto como lectura no Bacharelato.

Carlos Pérez Seara

(…) En O anxo negro hai, pois, moita máis fondura e volume do que aparentan en primeira instancia o seu ritmo e a súa narración trepidante. O resultado é un texto dotado ao tempo de calidade e de atractivo para un lector amplo, pero que non exclúe que a propia lectura teza coa súa trama o retrato e a denuncia da situación do patrimonio cultural galego dun xeito colectivo; pero tamén importa, nesa descrición, a posta en valor da acción individual e da necesidade dunha ética histórica coma un xeito de reivindicación persoal e, por ende, nacional. O anxo negro convence, pois, en todo o seu sentido literario e amosa, máis gratamente, se cabe, as altas dotes literarias de Manuel Gago. [descarga o pdf da recensión completa]

Xosé A. López Silva en Grial

Encantoume. Encantoume porque é unha novela galega. Existía xa algo que mereza tal calificativo? (descoñézoo). Amañácheste para facer unha novela que engancha ao lector, e que tanto pode ser calificada de novela histórica como de novela negra (…) Tocas a historia da Galiza, a grande e a pequena. A historia das xentes, o arraigo á terra dos labregos, o arraigo ao mar dos mariñeiros, as tradicións orais, os costumes (as labregas levan pendentes de ouro, encantoume), a devoción popular polos santiños, o xeito de botarse unha man uns a outros nas pequenas comunidades, o contrabando, o retrato da paisaxe (gustaríame ir a todos eses sitios!), a arquitectura eclesiástica e mais a arte eclesiástica, o expolio, a relación dos curas coas mulleres, tan presente no imaxinario colectivo, a relación da Igrexa co pobo, o emigrado rico retornado, analfabeto pero ao tempo benefactor… Coido que non deixas nada sen reflectir. Un verdadeiro cadro impresionista non xa da sociedade galega, senon da Galiza toda! Da esencia galega mesma. E semellante logro non podía vir máis ca dunha persoa do teu perfil. Parabéns polo resultado.

No tocante á historia “grande”, tiven ganas de tomar apuntamentos mentres lía para facer despois comprobacións coa historia oficial, porque xa non era quen de distinguir a realidade da ficción, pero ía tan enganchada (e non tendo que facer un traballo académico, haha), desbotei a idea por non adiar a lectura. Se cadra hei volver ler O anxo negro máis adiante e tomalo con máis calma, e fixarme máis nos detalles.

Outra cousa que me gustou é o uso do recurso da parella de investigadores, pero tan ben traído que non semella tan típico nin tan manido. Tamén me gustou que a novela ten unha evolución, e non se amosan as cartas directamente dende o principio, senón que a trama vai medrando devagariño e aos poucos (non temos parella de detectives ata ben entrada a novela, por exemplo, e os personaxes van aparecendo ao seu tempo), o cal o lector agradece (ou polo menos eu agradecino). O típico best-seller adoita ser un pouco trepidante de máis, pero a túa historia desenvólvese dun xeito máis natural, e máis dado ao goce do lector.

María Luisa Roselló

“Extensa novela que anda polas 500 páxinas, O anxo negro pide ser lida case de cor pois -sen pertencer ao xénero de novela negra- a verdade é que mantén a intriga practicamente ata a última páxina. E non quero con isto dicir que o interese decaia ao final, senón que os últimos capítulos serven para atar fíos de algúns personaxes.
Novela coral que viaxa por diferentes épocas (s. XVI, guerra civil española…) e xeografías (Escocia, Roma, Santiago…) a acción principal desenvólvese nos últimos días de 1981 e xira en torno ao roubo dunha imaxe de Santa Mariña no Mosteiro de San Silvestre e o encargo que o capitán retirado da Mariña Mercante, Nicolás Bren, recibe de buscala e recuperala por parte dos veciños. Un dos tantísimos roubos de imaxes relixiosas que efectivamente houbo na Galiza rural por eses tempos.
Nun ano que está resultando especialmente frutífero para a literatura galega, cunha colleita que había tempo que non se producía, este libro de Manuel Gago ocupa un lugar destacado”.

(Vitoria Ogando Valcárcel)

Apaixoante dende a primeira páxina. Parece que un está dentro da novela vendo o que acontece tan ben descritos están as paisaxes e os personaxes. Recoméndoo publicamente no Facebook e persoalmente a amigo@s dos libros.

Pepa Martínez

“O anxo negro” é desses livros que um não quer que se acabem, do que presta lê-los. Parabéns @magago, adorei. :)

Álvaro Almeida (Twitter)

Vén isto a conto da novela de Manuel Gago. Sabía del polo seu traballo de xornalista e traballador da nosa cultura, pero non lle lera ficción. Ao ver o título, Anxo negro, xa se puxo en marcha a miña teima e merqueino, directo ao eReader e a ler. E, outra volta, toda a sorte do mundo coa escolla. Unha novela desas que se empeza e hai que rematala, porque non hai outro remedio, a historia faise a dona do noso lecer. (…) A ambientación é perfecta, hai multitude de feitos e lugares recoñecibles da nosa terra mais os personaxes pasan por alí porque andan ao seu, non como noutras historias nas que semella que o importante son os ambientes e espazos … e secundarios os personaxes. Desde a cociñeira que traballou con Cunqueiro ao taberneiro de Noia, o poeta Antón Avilés de Taramancos.(…) Concluíndo, unha novela moi ben enfiada desde o comezo ao final, unha lingua axeitada e coidada. Que máis se pode pedir?

(Anxo González Guerra)

Gago articula unha trama solvente e atractiva a través dun proceso de investigación onde a presenza da cultura popular galega reclama un espazo propio.

Ramón Nicolás en La Voz de Galicia

Libro que narra un buena historia, con mucho dinamismo, y muy bien ambientada en la Galicia de los años 80. Muy recomendable.

Paula. Cliente de Amazon

Gustoume moito esta proposta que nos fai Manuel Gago a través da editorial Xerais: O anxo negro é unha novela que mantén ao lectorado pegado ás súas páxinas mentre é capaz de debuxar con precisión todo canto alí se conta (…) o que máis chama a atención é a espectacular sabedoría do comportamento do noso rural que desprega o autor, coñecedor da nosa alma máis profunda e que demostra unha e outra vez nas páxinas do libro, deixando claro que estamos case ante un antropólogo de noso e que sabe ben as reaccións das persosas que pululan e viven no noso país. Ademais, como gran coñecedor do noso patrimonio, describe tan ben o mosteiro onde supostamente teñen lugar os feitos que cando estamos a ler a novela pretendemos coller o coche saír disparados a ese lugar, para coñecelo e revivilo por nós mesmos. Se ata o buscamos en Google sabendo que é un divertimento do autor!!! (…)

Esta novela social e histórica, de patrimonio e de aventuras, deixa tamén un oco para sentimentos e mesmo para algunha bágoa. Imposible non remexerse no asento cando lemos a Xenoveva e entendemos a dor da nai e a man tendida da veciña; imposible non perder o alento con curas e demais membros eclesiásticos que nada respectan fóra de si memos. E que caramba, a novela tamén chega ás nosas terras do Deza, así que aínda lle collemos máis cariño!!!

Gracia Santórum en Trafegando Ronseis

Recién terminado, libro recomendadísimo, engancha desde la primera página, de esos que estás deseando que acabe para saber qué pasa y que a la vez no quieres que termine, esperando el siguiente.

Nuria Rial en Facebook

Rematei de ler O ANXO NEGRO, novela de Manuel Gago, en Xerais.
Recoméndoa encarecidamente. Para os que gostedes do misterio, da historia, da arte, das paisaxes da Costa da Morte, do pirata Drake, de María Estuardo…pasan tantas e tantas cousas!!! Sabedes cando non queremos rematar un libro e pasamos as últimas páxinas paseniño, saboreando cada liña sabendo que pode chegar o final? Isto sucede co ANXO NEGRO.
Grazas a Manuel Gago polas súa excelente escrita.

Helena Gómez Vecino en Facebook

Un libro muy recomendable…
Manuel Gago ha reunido en su obra, O anxo negro, lo dos géneros que más me gustan: la historia y la intriga.
Una historia trepidante ambientada en el siglo XX, pero que se retrotrae al siglo XII.
Y en la que creo ver guiños a ciertas personas de la Santiago universitaria… Y me encanta.
No me queda más que felicitar a su autor…

Merce Vázquez en Facebook

(…)Se trata de una novela que a la vez son varias novelas. Y es que o Anxo Negro tiene los ingredientes propios del clásico best-seller (narración ágil y trama adictiva), la novela histórica (con perfecta recreación de distintos lugares, personajes y épocas) y novela negra (crímenes, investigadores, mujeres atractivas, agentes de la ley y otros que operan al margen de ésta). Y todo ello aderezado con una brillante prosa que deja entrever el estilo propio del autor. Sin duda, una novela muy recomendable.

José Ramón Oulego en Palabra a contraluz

Magnífica novela de @magago

Montse Paz (Twitter)

Atopámonos ante unha novela que mostra distintas historias, que como ríos afluintes enchen o relato principal, a procura.

(…)Encadrar esta historia nun dos xéneros da novela é moi complicado, xa que poderíamos decir que é unha novela de aventuras, con pingas de narración histórica, se ben podemos atopar a medida que imos adentrando na lectura dosis de cultura popular dos nosos devanceiros, lances amorosos, persecucións en alta mar, inicios dos contrabandos na costa galega, roubos de imaxineria popular; estes ingredientes fan unha mestura de difícil clasificación.

A imaxinación do autor é impresionante, mostra unha Galicia Máxica dende os alicerces dunha realidade casi esquecida e chea de inventos modernos. Espazos e monumentos que conviven e permanecen calados, sen mostrar os seus tesouros. Moitas veces ó rematar un capítulo xudiu en mín a intención de rebuscar información das historias a miña parroquia.

Outro dos elementos que destacan nesta obra é a creación de personaxes. É todo un mapa de seres que camiñan por Galicia adiante: maduros mariñeiros, sen espacio na terra, mulleres temperamentais e dispostas, sacerdotes avariciosos, fillos na diáspora, curandeiras que sosteñen o peso das tradicions ancestrais, etc. Como vedes unha novela coral de difícil artellamento.

Atopome ante a obra máis destacada da ficción galega nos derradeiros anos, creo que estamos ante un logro cultural moi salientable feita por un destacado autor. Publicada pola editorial Xerais, son 496 páxinas de literatura actual evocadora de feitos históricos.

Disfrutade coma min. Parada Obrigada.

Juan Bonome en Lavandeira 1968

Na #Arousa totalmente enganchado a #OAnxoNegro, trepidante e suxestiva primeira novela de @magago ?

Ricardo Lourenzo (@ralouga) 21 xullo 2016 en Twitter

Impresionante narración que nos mete de cheo nunha época da historia de Galicia. Trepidante e adictiva. As súas 500 páxinas lense de un tirón. Do millor que teño leído ultimamente. Totalmente recomendable para tódolos públicos.

Cliente de Amazon

Recién acabado Manuel Gago, me ha gustado muchísimo! Me quedaron ganas de más libro, de buscar información sobre muchos de los acontecimientos que ocurren en el . Muy recomendable!

María Jose Laurelycanela (Facebook)

O anxo negro de Manuel Gago é unha marabilla, da primeira á última páxina

Le (@lebreijo) (Twitter)

Veño de rematar un dos mellores e máis diferentes libros q lin en lingua galega desde fai moito: O Anxo Negro. Unha historia apaixonante que nos sitúa en múltiples escenarios, desde Muxía ata Escocia ou Kenia, seguindo aos seus personaxes, que as veces nos falan en primeira persoa e ás veces vémolos actuar e sabemos das súas motivacións grazas a un narrador omnisciente que aparece e desaparece, levado e traído por flashbacks, que abren xanelas temporais para que o lector poida ir completando o puzle…
Párrafos descritivos fermosísimos altérnanse cas conversas máis soeces, postas en boca de personaxes bocaláns …
Desfilan tipos que habitan e habitaron as aldeas galegas, as vilas e cidades, que resumen en si propios unha cultura, un carácter; desfilan tipos imposibles, só habitantes dos filmes; desfilan mafiosos, laicos e eclesiásticos, que se persiguen, mesmo asasinan; desfilan parellas namoradas, que se aman baixo as mantas nas noites frías e parellas posíbeis mais nunca realizadas…
Desfilan os santos, as virxes, os retablos roubados nas igrexas, nos mosteiros, xoias románicas ou barrocas que pertencen ao pobo galego e que son pouco a pouco sustraídas, para nunca máis saberse delas.
E desfilan os asasinados impunemente polo rexime franquista, as súas familias, as súas pantasmas…
Unha historia realmente trepidante que engancha desde o primeiro momento e fai rir en numerosas ocasións.
Feitos e personaxes históricos vanse fiando e entretecendo coa fantasía pura dando como resultado este libro exquisito e necesario. Grazas Manuel Gago por tan boa contribución á nosa literatura. Xa tes un posto na miña colección!

Esther Trasorras (Facebook)

Santa Cona! Tanto que teño que facer, e velaquí estou enganchado ó #AnxoNegro de @magago

Avelino González en Twitter

Marabilloso libro a base de historias. Funciona coma un engranaxe diacrónica que remata cun rítmico clímax. Por se fora pouco, tamén é un certeiro retrato dun país coas súas miserias e ilusións

Cliente de Amazon

Levo tempo seguindo a Manuel Gago, o seu activismo cultural é para min fundamental nun tempo onde a recuperación e a protección da memoria material e inmaterial semellan estar exclusivamente subordinadas a ese terrible e mediocre “conceto” que veñen resumir na expresión “poñer en valor”. Por iso, esta caleidoscópica e inquedante obra, “O anxo negro”, ten alén do literario un valor especial. Porque Gago é quen de recrear a fortaleza da comunidade cos fíos da tradición oral, dos mitos, das solidariedades veciñais, nunha poderosa homenaxe a un rural que xa foi, esmorecido no esquecemento e o devalo do envellecemento e o abandono. E nun complexo fresco de personaxes que poden semellar tópicas pero nas que un pode recoñecer moito e a moitos, Gago constrúe o relato da supervivencia comunitaria fronte a eses poderes que usan e tiran as persoas e os seus feitos, e todo cunha sensibilidade por veces sublime pero non exenta de realismo, porque aínda que as historias poidan con sorte ás veces acabar ben, os malos, os poderosos, os mercenarios, van seguir, pese a quen pese. Eu fico coa María do Pazo e a Xenoveva, esa nai coraxe e esa toliña de aldea das que todas coñecemos algún exemplar e que me espertaron unha bágoa ao final do romance. Amigo Manuel, vémonos no Drake tomándolle un grolo ao Andreu, e parabéns por unha obra absolutamente especial e engaiolante.

Antonio Bernardez Sobreira (Facebook)

Cunha novela longa de intenso alento narrativo, debuta Manuel Gago na ficción galega. O autor non defrauda con esta novela complexa, cun bo monllo de personaxes, varias fías narrativas, escenarios e tempos moi afastados e unha sutura de novela detectivesca e relato histórico. (…) Romance pois logo comunal no que, máis unha vez se deixa sentir a “condición celulada do mel” que escribiu Heriberto Bens. Todo isto esteado nun bo estilo da lingua de rica terminoloxía moi autóctona; unha lingua, forte, epopeica por veces, na que tamén salienta a habilidade do autor para reflectir o ambiente e a atmosfera dos veciños unidos, herdeiros dunha inesquecible memoria histórica.

Francisco Martínez Bouzas en Novenoites

Rematei a que se manifesta como unha das grandes leituras deste veran, O Anxo Negro, de Manuel Gago, unha formidable historia, ben artellada e con moi ritmo, que andivo a remexer nas miñas lembranzas mentres tecía os fíos dunha trama que me levaba as Terras Altas de Escocia, onde sementei as miñas pegadas o ano pasado, ata o roubo dos santiños da nosa capela familiar, non moi lonxe de onde o mundo chamase Celanova, pasando polas terras da Costa da Morte, que me viron cando semellaba inmortal, todo esto saltando no tempo como nunha mariola, dende os anos oitenta ata a idade media… so me resta recomendar a sua leitura, ben merece acercarse a vosa librería para iniciaros nesta aventura…

Xemelghost Nero (Facebook)

Veño de rematar O anxo negro de @magago, turrou por min sen tregua ata rematar. Mesmo sorprendeume emocionándome un par de veces ao final.

Ghanito en Twitter.

Hai un tempo, na Costa da Morte andabamos a cismar na orixe, o destino e os causantes dos roubos de santos das igrexas. Xosé María Lema, presidente do Seminario de Estudos Comarcais, advirte cada pouco do perigo que corren algunhas das obras de arte da bisbarra. Aínda non se esqueceron as subtraccións de cruceiros en varias aldeas e as de santiños no templo de Traba. Nunca máis se soubo. Ese misterio resólveo na ficción Manuel Gago con O anxo negro, unha novela Costa da Morte cen por cen. Unha desas historias que cando un se mergulla nelas non as pode deixar ata que a remata. Lugares coñecidos que o autor vai desfigurando con pinceladas moi acertadas para que soen máis reais que a vida mesma. A realidade e a ficción navegan nas mesmas letras para configurar unha gran obra. Soan a relatos vividos, pero son froito do maxín e dos coñecementos do propio autor. Un ponlle rostro aos personaxes e identifica espazos en cada páxina: Corcubión, Moraime, O Pindo, os fuxidos, o xardín de Alejandro Lamas, Alfonso VII, o contrabandista de tabaco, o mariño xubilado convertido en historiador… A todos é moi fácil poñerlle nomes e apelidos. En fin, un escenario absolutamente próximo no que o autor crea unha trama intensa que leva ao lector a engulir páxinas na procura da seguinte enleada. Unha novela feita a propósito para quererlle aínda máis a este recuncho. Ule a Atlántico en cada liña. Os misterios deste Fisterra, as súas grandezas e, ás veces, tamén as súas miserias, están amasados finamente polas letras que van sucando as páxinas destas aventuras, con algún amor tamén entre branco e branco.

Vicente de Lema en La Voz de Galicia

Manuel Gago, de quen lembramos Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia mestura novela detectivesca con novela de base histórica e mesmo novela social para, choutando dunha noutra, compoñer esta O anxo negro, de feito que fai da alternancia discursiva unha das características máis definitorias da novela. Cando estamos nunha e percibimos certo avance, lonxe de continuar introduce unha das outras de xeito que a complementariedade se faga efectiva no discurso […ampliar…]

Xosé Manuel Eyré. Ferradura en tránsito.

A novela histórica sempre foi unha das miñas lecturas favoritas. E veño de ler “O anxo negro” do xenial Manuel Gago. Nesta “novela negra” na que o autor mestura a realidade coa ficción, con intriga, denuncia da venda do noso patrimonio polo clero e un repaso histórico dunha época pouco coñecida do noso país. Centrada na Costa da Morte, en Corcubión e outros lugares coma o Monte Pindo que vexo cada mañán ao erguerme. Todos estes ingredientes cunha espléndida narrativa fixéronme disfrutar moito da lectura deste libro que vos recomendo ler XA!!!!
Noraboa Gago e grazas por compartir con nós a túa creatividade!!!!

Pilar Vázquez Prieto (Facebook)

Onte rematei de ler este libro, O Anxo Negro. Facia ben de tempo que non me enganchaba un libro como o fixo este. Casi o lin todo dun tirón. Un consello para este verán, mercádeo e lédeo, seguro que non vos vai defraudar.

Xosé Troiano Carril (Facebook)

Moi recomendable “o anxo negro” de @magago mantívome en vilo tres bos días de lectura. Máis aínda sendo de Noia e tendo vivido en Fisterra

Roberto Iglesias (Twitter)

Fantastica, sorprendente, de la cultura popular a la universal. Libro fantástico, sugerente que lleva a la Galicia del pueblo, desde el arte y la historia. También novela policiaca de trama que engancha, con ritmos e imágenes literarias impactantes.

Cliente de Amazon [ver]

Moi recomendable “o anxo negro” de @magago mantívome en vilo tres bos días de lectura. Máis aínda sendo de Noia e tendo vivido en Fisterra.

Roberto Iglesias en Twitterç

Unha novela trepidante ambientada nos comezos dos anos 80 na Costa da Morte, unha viaxe cosmopolita polas vellas guerras imperiais e de relixión, cregos corruptos, contrabandistas de tabaco, mercenarios británicos e toda a fauna e flora que habita as nosas parroquias labregas e mariñeiras. Que boa lectura para todos aqueles e aquelas que tivemos aldea!!

Colexio Maior Universitario San Agustín en Facebook.

De sólida formación como xornalista e experto en patrimonio, Manuel Gago tece neste libro unha ficción histórica (e xeográfica) de lindes difusos que nos leva, ás veces, a comprobar datos porque xa non sabemos que é historia e que ficción.

Gran coñecedor da nosa xeografía e o noso patrimonio escribe unha historia posible cunha prosa tan natural, tan deliberadamente coloquial, que temos a sensación de estar a escoitar unha conversa ou un sucedido. Movémonos por paisaxes coñecidas e ficticias, recoñecemos os retablos barrocos, as santiñas, os cruceiros e petos das ánimas. Entre estes xenéricos, Gago mete, de cando en vez, un cameo real coma Michel Colombe ou o cristo románico da igrexa de S. Salvador de Celanova.

O conde de Traba e Xelmirez, a raíña Urraca e o seu fillo Afonso, rei de Galicia. María Estuardo, D. Xoán de Austria e a guerra de Flandes, as xuderías de Ribadavia e Pontevedra, o pirata Drake, os Fuxidos do Pindo… a historia. A HISTORIA, que cobra vida nesta novela e forma parte do argumento e lle empresta, á ficción, a verosimilitude dos datos históricos.

É unha novela ben armada e amena. Unha novela que, como os grandes da literatura, abre as portas á curiosidade, ao coñecemento, ao recoñecemento da nosa cultura e, sempre, a outras lecturas.
Ler este libro co noso alumnado, contar con Manuel Gago (e logo non?), remexer na historia e na cultura con eles paréceme unha actividade útil e divertida.

Leonor en Caderno de Escola

Moi entretido e lese decontado polo intrigante. Moi recomendable para pasaren un bo anaco de tempo mergullados na historia do país.

Fran. Cliente de Amazon.

(…) Se trata de una novela que a la vez son varias novelas. Y es que o Anxo Negro tiene los ingredientes propios del clásico best-seller (narración ágil y trama adictiva), la novela histórica (con perfecta recreación de distintos lugares, personajes y épocas) y novela negra (crímenes, investigadores, mujeres atractivas, agentes de la ley y otros que operan al margen de ésta). Y todo ello aderezado con una brillante prosa que deja entrever el estilo propio del autor. [ler a recensión completa]

José Ramón Oulego en Palabras a Contraluz

Destacaría o percorrido pola paisaxe da Costa da Morte e, en especial, como trata o libro ás xentes, sobre todo ás mulleres, pola forza que lles imprime. Encántame a elaborada mestura entre ficción e feitos históricos na trama de Diego de Carnota e María Estuardo, así como a firmeza de carácter que posúen as personaxes, combinada cunha fermosa historia de amor. Crin ver tamén un guiño a Sherlock Holmes e Watson no dúo protagonista, pero á galega. Con respecto ó saqueo do patrimonio, sempre pensei que había moitos “anxos negros” dentro da Igrexa Católica.

Fina (Clube de lectura Arao)

Paisaxe social, sentimental e física da #GZ #oanxonegro unha xoia para os que vivimos na diáspora @magago #arqueoloxiadapaisaxe ?

@mariadoforno en Twitter