Teaser II de O Anxo Negro: Roma, 1963

“Servando apurou o paso; a calor da primavera romana caíalle directamente sobre a condenada sotana, e percibía como os poros da coroa se lle abrían perigosamente, a pel humedecíase e unha incómoda roncha de suor comezaba a formarse ao redor da cabeza. (…) «Todo isto é coma un verso do Cantar dos Cantares», murmurou Servando mentres enxergaba os seus dous mestres, os seus dous titores, un en Roma e outro en Galicia. «Apareceron as flores na terra, o tempo da canción chegou», musitou o cura mozo”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*