Unha realidade fascinante detrás da ficción

Xa liches O anxo negro? Esta novela está construída como un tapiz, unha coidadosa amalgama de realidade e ficción. Localizar os vimbios de realidade sobre os que están construídas as tramas de O anxo negro pode ser unha tarefa paciente e lenta, unha auténtica aventura en si mesma, que ás veces é doada e outra unicamente unha sospeita.

Manuel Gago ofrece outra posibilidade: unha conferencia, contada co seu peculiar e recoñecido estilo divulgativo, na que se van detallando os vimbios tecidos da novela. Pero esta conferencia remata por ser un retrato da Galicia do Renacemento, da Guerra Civil, unha crónica das orixes dos santos e santas galegos, un exemplo do xurdimento dos mosteiros na Alta Idade Media galega, un relato de antropoloxía colectiva que se adentra nas estruturas profundas da nosa cultura popular. A duración aproximada é de setenta minutos. Iso si, para evitar spoilers, o máis recomendable é ler o libro.

Escribe a Manuel Gago para consultar condicións (magago@gmail.com)

“““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““““`

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*